Magín Blanco - Camiños


 

 

Magín Blanco - Camiños

(Libro+CD - Fol Música, 2017)

 

 

 

CANCIÓNS

 

01. MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR

02. PEIXIÑOS DO MAR

03. O ABECEDARIO

04. ESTE PLANETA É DIVERTIDO

05. MEU AVÓ IEIÉ

06. O CHAPEU DO ESPANTALLO

07. O AMIGO INVISIBLE

08. VOA PAXARIÑO

09. CAMIÑIÑO

10. PAXARIÑO NOVO

11. O ÑU DE LEANDRO

12. A LUZ

13. O CAMIÑO DOS PAXAROS

 

 

LETRAS

 

01. MARCHO QUE TEÑO QUE MARCHAR (Magín Blanco) 

 

Un raíño de sol vénme saudar, entra na miña habitación como cada mañá,

sobe polas paredes e comeza a xogar, coma se de algo me quixese avisar.

Cantan os paxariños, que contentos están! Eu esperto amodiño, vou erguéndome xa!

Miro pola xanela, xa está a amencer! No ceo non hai nubes, hoxe non vai chover!

 

Un, dous, tres... comézome a mover

Un, dous, tres... que teño que facer?

Un, dous, tres... todo vai comezar!

Un, dous, tres... tereime que lavar!

Auga e xabón... lavo as orellas,

auga e xabón... pícanme os ollos,

auga e xabón... lavo a cabeza,

auga e xabón... non teño piollos!

 

Coloco as miñas cousas antes de almorzar e deixo preparado o que teño que levar,

na miña mochiliña todo cabe ben: libretas, libros, bolis e sorrisos tamén!

 

Pero agora... marcho que teño que marchar.

 

Vou camiñando a bo ritmo pola beirarrúa entre o ir e vir dos coches e toda a xente que madruga.

Pasa o carteiro co carriño amarelo, vai de azul a garda municipal, chega de branco o panadeiro

e unha señora pasea co seu can.

O homiño do semáforo está vermello, aínda non podemos pasar! Temos que agardar que se poña verde,

preparados... listos... xa!

Entón escoito o meu nome, quen me chamará? E vexo o meu pai ao lonxe cando miro cara atrás.

Que me quererá? Que me quererá?

Seguro que esquecín algo, que será? Será, será... vai ser aquela cousa que trae na súa man papá!

Cando chega ata min, dime: "que cabeciña! Mira o que esqueceches enriba da mesa da cociña!"

E doulle un bico! Agradecido! Namentres el me achega o bocadillo. Ten café no seu nariz,

entón eu vólvolle a dicir:

"Marcho que teño que marchar!"

Imos cara ao cole, imos amodiño! En bus, en coche ou pasiño a pasiño.

Imos cara ao cole, imos de camiño! En bus, en coche ou pasiño a pasiño.

 

Un, dous, tres... sígome a mover

Un, dous, tres... que teño que facer?

Un, dous, tres... todo vai comezar!

Un, dous, tres... xa estamos a chegar!

 

Magín Blanco: Voz e programación

CPI Mestre Manuel Padín Triteiro 5º de Primaria. Curso 2016/2017: Voces nenos e nenas

 

 

02. PEIXIÑOS DO MAR (Magín Blanco) 

 

Quero aprender a nadar coma os peixiños do mar, nadar, nadar...

Eles saben mergullar sen sair a respirar, nadar, nadar...

 

Un xureliño pequeno poderíame axudar,

pero nada amodiño, teño medo de afogar.

Xureliño, xureliño, onde me queres levar?

Ainda son pequerrechiño para ir enbaixo do mar.

 

Quero aprender a nadar coma os peixiños do mar, nadar, nadar...

 

Quero aprender a cantar coma os peixiños do mar, cantar, cantar...

Eles saben entoar sen que se poida escoitar, cantar, cantar...

 

Abro a miña boca, van saíndo algunhas notas

que semellan gurgulliñas, esvaecen cando as tocas.

De súpeto, chega bailando a medusa

que leva tutú e tamén leva blusa...

 

Quero aprender a cantar coma os peixiños do mar, cantar, cantar...

 

Ameixa, bacallau, balea, bonito

Cabaliño de mar, castañeta, camarón

Choco, congro, escarapote, estrelamar, faneca

Langostino, linguado, lirio, lura, mexillón

Nécora, ollomol, peixe sapo, pescada

Polbo, rapante, robaliza e xarda

Salmonete, sardiña, xurelo, vieira e sanmartiño

Todos forman parte do mundo mariño!

Magín Blanco: Voz e programación  

Javier Álvarez: Piano

 

 

03. O ABECEDARIO (Magín Blanco)

 

O A abre un agasallo,

o B é bolboretiña,

o C colle unha cenoria,

o D dalla a unha doniña,

o E esperta os esquíos,

o F vai nunha folla

o G garda das galiñas,

o H xa está na horta,

co I miañan os gatos,

o L lavou as lentellas,

co M imos medrando,

co N nenos e nenas.

 

O Ñ ten unha miñoca,

co O olla o ollomol,

no P os paxaros rin,

co Q do quiquiriquí,

o R díxolle a raposa

que tiña o S na saia,

o T tentou achegarse

e o U xa uliscaba...

Entón o V da vasoira

voou ata o X da xesta

e co Z deste zume

fixeron sopa de letras.

 

Co ABCD, co EFG,

HILMNÑOPQRSTUVXZ

faise a sopa de letras!

Magín Blanco: Voz e guitarra acústica

Noelia Añón e Saínza: Voces nenas

Nacho Goris: Piano

 

 

04. ESTE PLANETA É DIVERTIDO (Magín Blanco)

 

Cheguei á terra, cheguei en globo,

nenas e nenos estaban todos.

Cheguei de lonxe, cheguei aquí,

mirei para abaixo, estabas ti.

 

Este planeta é divertido,

vou ver si fago algún amigo.

Cómo me gusta esta galaxia,

todas as cousas teñen a súa graza!

 

Atopei xentes, mares e ríos,

ribeiras, montes e bicherío:

uns tiñan cornos, outros antenas,

uns ían en patas e outros sen elas.

 

Algúns cantaban polas mañás,

outros voaban coas súas ás.

Tamén había bechos mariños,

grandes, medianos e pequerrechiños.

 

Lalaralá...

Este planeta é divertido,

vou ver se fago algún amigo.

Cómo me gusta esta galaxia,

todas as couzas teñen a súa graza!

Magín Blanco: Voz

Gallaecia Big Band: Banda

Segundo Grandío: Theremín dixital

CPI Mestre Manuel Padín Triteiro 5º de Primaria. Curso 2016/2017:   

 

 

05. MEU AVÓ IEIÉ (Magín Blanco)

 

Ieié ieié ieié ieié...

 

Meu avó era ieié e montado nunha vespa,

ao saír de traballar percorría todas as festas.

O pantalón axustado, a garabata estreitiña

e coas mozas a bailar pasaba a noite enteiriña.

 

Un pasiño cara adiante, outra volta darredor,

un pasiño cara atrás, baila twist e rock and roll,

abaneo de cintura, coma a buxaina a xirar,

cara abaixo, cara arriba e de novo a comezar.

 

Ieié ieié ieié ieié...

 

Meu avó era ieié e peiteaba o seu cabelo

co seu peite pequerrecho remirándose no espello.

Tamén tiña tocadiscos e tocaba nun conxunto

coas amigas e os amigos, e cantaban todos xuntos.

 

Ieié ieié ieié ieié...

 

Tamén quero ser ieié como era meu avó,

chegarei en bicicleta e causarei sensación.

Nas festas de aniversario serei o máis atrevido,

bailarei o ieieié ata que caia rendido.

 

Un pasiño cara adiante, outra volta darredor,

un pasiño cara atrás, baila twist e rock and roll,

abaneo de cintura, coma a buxaina a xirar,

cara abaixo, cara arriba e de novo a comezar.

 

Ieié ieié ieié ieié...

 

Magín Blanco: Voz, guitarra acústica e programación

Jerry Noia: Guitarra eléctrica

Segundo Grandío: Baixo

CPI Mestre Manuel Padín Triteiro 5º de Primaria. Curso 2016/2017: Voces nenos e nenas

 

 

 

06. O CHAPEU DO ESPANTALLO (Magín Blanco)

 

Eu teño un chapeu cheo de buratos,

os raios de sol desfanse en anacos,

polas beirarrúas deixome levar

pero nunca esquezo cal é o meu lugar.

 

Teño todo o tempo que me quieras dar,

podo ir cara adiante ou volver atrás,

que non teño nadano meu corazón,

móvome co alento da túa ilusión.

 

Sigo camiñando sen esperar nada,

atopo unha historia en cada mirada

e trazo amodiño este vaivén,

afágome ao ritmo que ten cadaquén.

 

Van chegando os pasos a cada lugar,

sigo imaxinando que estou a bailar,

apáganse as luces, recóllese o sol,

quito o meu chapeu, comeza a función.

 

Ábrese o telón, ábrese a xanela,

onde o teu sorriso anuncia unha estrea.

Son espectador nesta platea,

agardo sentado que saias á escena.

Magín Blanco: Voz

Gallaecia Big Band: Banda

 

 

 

07. O AMIGO INVISIBLE (Magín Blanco)

 

Son invisible... naide me ve,

inaccesible e así seguirei,

na fantasía, na imaxinación, son invisible,

valaí a cuestión.

 

Son invisible... non ocupo lugar,

mesmo no peto pódese levar,

coma un segredo tesme que gardar,

sempre conmigo podes contar.

 

Son invisible neste gran escenario,

xa estou aquí, son teu amigo imaxinario!

 

Son invisible... son coma o vento,

coma o cariño e os sentimentos,

coma a ledicia do teu sorriso,

coma o alento do compromiso.

 

Son invisible... velaí a cuestión!

Son un feitizo da imaxinación,

unha miraxe, unha ilusión,

a personaxe desta función.

Son invisible neste gran escenario,

xa estou aquí, son teu amigo imaxinario!

Magín Blanco: Voz, guitarra acústica e programación

Serginho Sales: Piano

Javier Álvarez: Corda dixital

 

 

08. VOA PAXARIÑO (Magín Blanco)

 

Voa voa paxariño, bate forte as tuas ás,

tes que deixar o niño e comezar a voar.

E comezar a voar polas nubes e os tellados,

voa, voa paxariño, xa verás é moi doado.

 

Por enriba dos camiños que atravesan polo chan,

polas sendas ou carreiros para saber ata onde van,

voa coas lavandeiras, coas pombas do pombal,

co cuco, co ferreiriño, co pardal.

 

Voa, voa paxariño, que xa está saíndo o sol,

nós queremos escoitarte e voar na tua canción.

E voar na tua canción, esa que vén polo vento,

voa, voa paxariño, e canta con sentimento.

 

Pola liña do horizonte, polos regatos pequenos.

Ola ríos, ola fontes! Velaí nenas e nenos,

xa chegan as anduriñas, o cuco cúcalle a rula

e o moucho e a curuxa dormen xa na súa pola.

 

Pío pío, pío pío, pío pío, pío pí... os paxaros fan así!

Pío pío, pío pío, pío pío, pío pá... paxariños a voar!

 

Magín Blanco: Voz, guitarra acústica e programación

CPI Mestre Manuel Padín Triteiro 5º de Primaria. Curso 2016/2017: Voces nenos e nenas

 

 

 

09. CAMIÑIÑO (Magín Blanco)

 

Chuuu... chu chu churú... chu chu chu...

 

Camiñiño que me levas, onde tes o teu fogar?

Camiñiño camiñante nunca acabas de chegar,

camiñiño das estrelas, camiñiño cheo de cores,

camiñiño onde nos levas? Onde tes os teus amores?

 

Chuuu... chu chu churú... chu chu chu...

 

Camiñiño ti que andas camiñando sen parar,

nunca andaches perdido? Nunca miras cara atrás?

Un, dous, tres... pasos a correr... Catro, cinco, seis... cando chegarei?

Seis, sete, oito... isto mola moito! Oito, nove, dez... non quero volver!

 

Chuuu... chu chu churú... chu chu chu...

 

Escóitame, camiñiño: agora tes que durmir!

Que xa andaches abondo e mañá tes que seguir,

cando cantes os paxaros e o galo quiquiriquí,

eu volverei ao teu lado para camiñar xunto a ti.

 

Chuuu... chu chu churú... chu chu chu...

 

Cara adiante... onde vas? E agora... cara atrás!

Reviravolta... imos dar! E de novo comezar!

Cara abaixo, cara arriba! E de novo vira-vira!

Cara abaixo, cara arriba! E de novo vira-vira!

Magín Blanco: Voz e programación

Serginho Sales: Piano

Segundo Grandío: Baixo

Ana Domínguez Senlle: Coros

 

 

10. PAXARIÑO NOVO (Letra: D. Ramón M. del Valle-Inclán. Adaptación e música: Héctor Lorenzo)

 

Cántame meniño, que me fas voar,

séntate na porta a ver chuviscar.

Paxariño louro, gaiteiriño lindo,

cántame no peito que o teño ferido.

 

Cántame no peito, gaiteiriño lindo

que co vento falas no teu asubío,

sobre o sol e a lúa voa un paxariño

que leva unha rosa,

vai cara ao seu niño.

 

Pola mañá cedo, lindo reiseñor,

hai na túa cantiga orballo de flor,

orballiño fresco nas pallas do día,

orballiño para as miñas florciñas.

Héctor Lorenzo: Voz, guitarra española e acústica

Magín Blanco: Voz

Guillerme Fernández: Guitarra acústica

De Vacas: Coros 

 

 

11. O ÑU DE LEANDRO (Magín Blanco)

 

Leandriño tiña un ñu, que aínda era pequerrechiño.

Como nos gustaba a todos o ñu que tiña Leandriño!

Namentres Leandro pintaba o ñu, pensaba e pensaba,

facía o interesante e de cando en vez rosmaba...

 

Leandriño seguía pintando, seguía coma se nada,

facía que non oía ao nu e ás súas parvadas

e, ao rematar cada cadro, miraba a súa obra orgulloso,

namentres o ñi seguía rosmando moi silandeiro:

 

Outra vaca no millo!

 

Un día que Leandro pintaba, chamárono de repente.

Deixou aquel cadro a medias, saíu atender a xente.

Entón o ñu deu un chimpo, meteuse naquela escena,

íalle dicindo a un río e a unhas papoulas vermellas:

 

Outra vaca no millo!

 

E din que Leandro ten nun cadro un ñu debuxado

xunto a un río que decorre entre lameiros e prados,

e que se achegas a orella e escoitas con atención

podes ouvir esta lenda da boca do ñu rosmón:

 

Outra vaca no millo!

Magín Blanco: Voz

Héctor Lorenzo: Guitarra española

De Vacas: Coros 

 

 

12. A LUZ (Magín Blanco)

 

Hai unha luz dentro de ti,

é coma un sol, sempre estará aquí,

que tes que estimar e deixala saír,

ela guiará por onde vaias ir!

 

Hai unha luz chea de ilusión

no latexar de cada corazón.

 

Brillará no medio do mar

e será un faro en cada ollar.

 

Se algunha vez pensas que está

por descubrir, só tes que lembrar

que hai unha luz dentro de ti,

chea dun valor que nunca terá fin.

 

Hai unha luz chea de ilusión

no latexar de cada corazón.

 

Brillará no medio do mar

e será un faro en cada ollar.

 

Brillará moito máis ca un sol,

brillará... unha canción!

Magín Blanco: Voz e guitarra acústica

Diego Pacheco: Guitarra eléctrica

Segundo Grandío: Programación 

 

 

13. O CAMIÑO DOS PAXAROS (Magín Blanco)

(Instrumental)

Alberto Vilas: Piano

Isaac Palacín: Percusión