| 
View
 

Magín Blanco - A nena e o grilo máis aló

Page history last edited by jose 4 years, 3 months ago

 

Magín Blanco - A nena e o grilo máis aló

(Libro+CD - Sonárbore/Galaxia, 2019)

 

 

CANCIÓNS

 

01. BENVIDOS

02. AQUÍ ESTAMOS

03. QUÉN DIXO MEDO

04. O HIPNOTIZADOR

05. A LÚA

06. OS ESQUELETOS

07. TEATRO

08. QUÉ LINDO É VIVIR

 

 

LETRAS

 

01. BENVIDOS (Magín Blanco) 

 

Benvidos pequenos amigos, benvidos ao noso teatriño.

Benvidos ao clube da nube, benvidos, que baixa e que sube.

 

Benvidos queridos amigos, benvidos, imos comezar.

Benvidos, os cinco sentidos, benvidos, tedes que activar.

 

Benvidos pequenos amigos, benvidos, comeza a función.

Benvidos, corredes perigo, benvidos, ábrese o telón.

 

 

 

 

02. AQUÍ ESTAMOS (Magín Blanco) 

 

Aquí estamos, xa chegamos,

non sabemos onde vamos,

se quedamos ou marchamos,

se subimos ou baixamos.

¿O camiño este ónde irá?,

¿ata ónde chegará?

¿Terá lúas, pandeiretas,

lobishomes, bolboretas?

Iremos abrindo portas,

tamén tenderemos pontes,

atoparemos respostas

pola liña do horizonte.

Acenderemos á lúa,

apagaremos o sol,

e roubarémoslle aos soños

material para as cancións.

 

¿Quen ven, quen vai,

aquí que se fai?

¿Quen entra, quen sae,

quen leva, quen trae? (bis)

 

Eo!, eo, eoeo!, eo...

 

Aquí estamos, xa chegamos,

ainda non nos instalamos.

Queredes que nos vaiamos,

pero aínda non rematamos.

Teremos que negociar

por onde imos pasar,

polas leiras, polos ríos,

polas dunas ou o mar?

Vamos indo compañeiro,

deixa miguiñas de pan.

A ver quen chega primeiro,

¿a ónde van os que se van?

Descubriremos estrelas

e planetas agochados

e faremos campamentos

coma os niños dos paxaros.

 

¿Quen ven, quen vai,

aquí que se fai?

¿Quen entra, quen sae,

quen leva, quen trae? (bis)

 

Eo!, eo, eoeo!, eo...

 

 

 

 

03. QUEN DIXO MEDO (Magín Blanco)

 

O medo chegou a nós coma quen non quere a cousa,

a súa ingravidez pesaba como unha lousa,

cos dentes moi afiados, os pelos todos de punta,

os ollos desencaixados, como non víramos nunca.

 

O medo chegou a nós, sentimos a súa presenza,

pero todo o que atopou foi a nosa indiferenza.

Queríanos amedrentar, facer de nós un pandeiro,

e fómonos agochar moi lonxe do seu traseiro.

 

Medo, medo, ¿quen dixo medo?

Medo, medo, ¿quen dixo medo?

Por favor, non nos queiras tanto,

gárdanos o segredo, parécesnos un espanto!...

 

O medo chegou, chegou, por ver se nos asustaba,

pero non se decatou de que non molaba nada.

Dixémoslle que liscara, que fora dar outra volta,

que se deixara de contos, que andaban as meigas soltas.

 

Medo, medo, ¿quen dixo medo?

Medo, medo, ¿quen dixo medo?

Por favor, non nos queiras tanto,

gárdanos o segredo, parécesnos un espanto!...

 

Medo, medo, ¿quen dixo medo?

Medo, medo, ¿quen dixo medo?

Por favor, non nos queiras tanto,

gárdanos o segredo, parécesnos un encanto!...

 

 

 

04. O HIPNOTIZADOR (Magín Blanco)

 

Mírame, distende a túa percepción.

Reláxate, entramos noutra dimensión.

Mírame, agora estás na miña casa.

Dúrmete, que o tempo agora xa non pasa:

 

10, 9, 8, 7, 6 e 5, as contas cara atrás pegan un chimpo.

5, 4, 3, 2, 1, indo cara atrás pérdese un.

10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, indo cara atrás pérdese un.

 

Mírame, agora estamos nun bambán.

Dúrmete, que todo está nas miñas mans.

Escóitame, estás no medio do silencio,

sábelo ben, son o dono do teu tempo.

 

10, 9, 8, 7, 6 e 5, as contas cara atrás pegan un chimpo.

5, 4, 3, 2, 1, indo cara atrás pérdese un.

10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, indo cara atrás pérdese un.

 

Mírame e dúrmete, facemos ondas como o mar.

Mírame, reláxate, miramos as nubes pasar.

Mírame e dúrmete, a lúa ven nun cabaliño branco.

Dúrmete, agora que a noite chega co seu manto.

 

10, 9, 8, 7, 6 e 5, as contas cara atrás pegan un chimpo.

5, 4, 3, 2, 1, indo cara atrás pérdese un.

10, 9, 8, 7, 6, 5, 4, 3, 2, 1, indo cara atrás pérdese un.

 

Mírame e dúrmete,

mírame, mírame, 

pecha os ollos, dúrmete...

 

 

 

05. A LÚA (Magín Blanco)

 

Se o ceo tivese pintada unha escada, 

subiría ata a Lúa para namorala,

baixala comigo e vela pousada 

coa súa cabeciña na miña almofada.

Íalle poñer olliños de liño,

aros de acibeche, zapato de brilo.

Íalle facer vestido de seda,

cheo de lunares pra bailar con ela.

 

Se a lúa tivese cabelos de ouro,

sería pirata, ela meu tesouro,

surcando nos mares coa nosa bandeira,

de ósos de cana e unha caveira.

E dalle que dalle o vento nas velas,

subimos ás ondas, baixamos por elas.

E zoupa que zoupa o vento zoupón,

a Lúa tesouro e a cuba de ron.

 

Se a Lúa tivese un bosque encantado,

nel ía gardar os meus agasallos.

O coelliño branco, a variña de mago,

o trequeletreque do lagarto pintado.

Un ovo de moucho, conchos da concheira,

o ruxe que ruxe da nosa pandeira.

Todos ben xuntiños, ben acompasados,

no bosque da Lúa dos ollos pechados...

 

 

 

06. OS ESQUELETOS (Magín Blanco)

 

Os esqueletos saen das tumbas

e comezan a camiñar,

van avanzando como lles peta,

¿qué lles estará a pasar?

Moven ombreiros, moven cadeiras,

moven os brazos, moven as mans,

moven os pés, moven as pernas,

xa comezaron a bailar.

Móvense xuntos ou separados,

pérdense e vólvense atopar.

Forman parellas, coreografías,

e nunca deixan de bailar.

 

Dan dan dan dancing dan dan dan,

dan dan dan dancing dan dan dan.

Dan dan dan dancing dan dan dan,

os esqueletos veñen e van.

 

Os esqueletos non paran quietos

e van chegando do máis alá.

Na noite pecha moven os osos,

tal que se foran a desarmar.

Os esqueletos tocan tambores

e instrumentos de percusión,

tocan pandeiras e tocan shakers,

tocan marimbas e xilofóns.

Moven ombreiros, moven cadeiras,

moven os brazos, moven as mans,

moven os pés, moven as pernas,

xa comezaron a bailar.

 

Dan dan dan dancing dan dan dan,

dan dan dan dancing dan dan dan.

Dan dan dan dancing dan dan dan,

os esqueletos veñen e van. (bis)

 

Os esqueletos non paran quietos...

 

 

 

07. TEATRO (Magín Blanco)

 

Teatro, a vida é puro teatro, 

sobe o telón e comeza a función.

Teatro, a vida é puro teatro,

vós ídelo ver, todo pode acontecer.

 

Teatro, a vida é puro teatro,

unha ilusión que bate no carazón.

Teatro, a vida é puro teatro,

a sensación de vivir a ficción.

 

Miles de historias e personaxes,

que van tezendo moreas de imaxes.

Focos de cores e bailarinas,

maxia na hora das bambolinas.

 

Podo ser araña, tamén elefante,

pequerrechiño ou mesmo xigante.

Folerpa de neve ou ceo azul,

frío do norte ou calor do sur.

 

Teatro, teatro,

teatro... a vida e puro teatro...

 

 

 

08. QUE LINDO É VIVIR! (Magín Blanco)

 

¡Que lindo é vivir, brincar e sorrir!, deixarse levar

como as nubes de aquí para alá.

Que lindo é vivir, xogar e mirar

como o tempo pasa sen parar.

 

¡Que lindo é vivir, brincar e sorrir!, cantar e bailar 

como fan as ondiñas do mar.

Que lindo é poder mover os nosos pés

igual que o faría Fred Astaire.

 

Uo, uo, uo...

 

Que lindo é vivir, respirar e sentir ao camiñar

a brisa fresca que corre no ar.

Que lindo é poder asubiar

melodías que chegaron pra quedar.

 

Que lindo é vivir, poder ir e vir, case sen pensar,

coma os paxaros a revoar.

Que lindo é saber que sempre haberá

alguén que por nos esté a agardar.

 

Uo, uo, uo...

 

¡Que lindo e vivir!...

 

 

Créditos:

 

Letra e música: Magín Blanco

 

Magín Blanco: Voz, coros e programación

Segundo Grandío: Baixos e programación

Cristian Leggiero: Pianos, arranxos e dirección Big Band

Pablo Castaño: Saxo alto, tenor e barítono

Luis Miranda: Trombón

Hamsel Luis Díez: Trompeta

Carlos Gastón: Batería

Pachi Cruz: Contrabaixo

 

Gravado en Casa de Tolos por Segundo Grandío

 

Texto teatral: Pepablo Patinho

Ilustracións: Luz Beloso

 

 

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.