Magín Blanco - A nena e o grilo


 

Magín Blanco - A nena e o grilo

(Libro+CD, OQO Editora - 2010)

 

  

 

 

CANCIÓNS

 

01. RUMBA DAS APERTAS

02. O MEU PAÍS

03. FACER UNHA CANCIÓN

04. NENA MENCIÑEIRA

5. NENA BOTÁNICA 

06. AQUÍ EN BAIXO (É TODO AZUL)

07. CRI CRI

08. ERA FESTA

09. TEN O DEMO

10. VOU DO REVÉS

11. ARCO DA VELLA

12. QUEN SON

13. CAMIÑO DAS ESTRELAS

 

 

LETRAS

 

RUMBA DAS APERTAS (Magín Blanco)

 

Doutor, doutor, recéiteme apertas,

xornadas de portas abertas,

raios de sol de porcelana,

facer o que me veña en gana.

E tamén quero unha pandeireta,

que as miñas mans sexan dúas pombas

e que repartan aloumiños

os debuxos que fan as sombras.

 

Doutor, doutor...

 

Doutor, que teño frío,

e as apertas non dan chegado;

meu amor foi lavar ao río

e o río baixa conxelado.

Hoxe na lama non hai ninguén,

andamos todos de etiqueta,

agás a miña nena da alma,

que anda a pasear en bicicleta

por unha illa azul e branca,

chea de flores e bolboretas,

onde as cancións toman un folgo

cando ninguén as interpreta.

 

Doutor, doutor...

 

 

O MEU PAÍS (Magín Blanco)

 

O meu país é tan pequeno

que cabe nos ollos dun neno.

O meu país nunca remata,

por iso non sae nos mapas.

 

O meu país ten ceo azul

e unha nube que o atravesa;

azul é o mar polo solpor

e de nubes as fronteiras.

 

E tamén ten un principiño

que vai e vén polos camiños,

tratando de recoñecer

o que ninguén é quen de ver.

 

O meu país ten homes sabios

que andan a contar estrelas,

e distintos abecedarios

para nomear cada unha delas.

 

E tamén ten un principiño

que veu dalgún outro planeta

a descifrarnos os segredos

que nós levamos nas maletas.

 

O meu país vai cheo de flores

agochadas na area da praia.

A miña rosa vai xunto a min,

vaia donde queira que eu vaia.

 

 

FACER UNHA CANCIÓN (Magín Blanco)

 

Imos facer unha canción,

fa-mi-fa-mi-re-dó-si-dó.

e xuntos ímola cantar,

re-re-fa-mi-re-dó-si-la.

 

Hai que poñerlle tempo e corazón,

tic-tac, tic-tac, bom-bom, bom-bom,

e logo botala a voar:

re-re-fa-mi-re-dó-si-la.

 

La, la-la-la...

 

Unha canción é unha estrela

que quixo do ceo baixar,

pois escoitou unha serea

que andaba no mar a cantar.

 

La, la-la-la...

 

 

NENA MENCIÑEIRA (Magín Blanco)

 

Ando nos pucheiros, ando nos fervidos,

vanse polas nubes os cinco sentidos.

Vexo burbulliñas, oio gurgullares,

andan nas cociñas fadas malabares.

 

Un poquiño de sal, un chisquiño de mel,

un estame de flor, para coidar o meu ben;

para coidar o meu ben, para que poida cantar,

ai-alá-ai-elé, ai-elé-ai-alá...

Para que poida cantar, que deixe de tremer,

un poquiño de sal, un chisquiño de mel.

 

Ando polas pontes, ando polo río,

ando polo vento do teu asubío.

 

Un pouquiño de sal, un chisquiño de mel,

un estame de flor, follas de caravel;

para coidar o meu ben, para que poida cantar,

ai-alá-ai-elé, ai-elé-ai-alá...

 

Teño catro gatos e dúas vasoiras,

con plumas de pato pinto nas corredoiras.

 

Un pouquiño de sal, un chisquiño de mel...

 

Para coidar o meu ben, para que poida cantar,

ai-alá-ai-elé, ai-elé-ai-alá...

Para coidar o meu ben, para que poida correr,

un chisquiño de sal, follas de caravel.

 

 

NENA BOTÁNICA (Magín Blanco)

 

Eu teño un viveiro cheiño de plantas,

flores amarelas, vermellas e brancas.

Teño pensamentos, papoulas e rosas,

raíños de sol que xogan na porta.

Porque son  botánica, bioorgánica, son máxica...

 

E teño un xardín que cheira a xasmín,

onde collo eu e tamén colles ti.

Teño moitas fontes e dúas lagoas

onde polas noites as ranciñas croan.

Porque son botánica, bioorgánica, son máxica...

 

 

AQUÍ EN BAIXO (É TODO AZUL) (Joao Afonso)

 

Aquí en baixo e tudo azul,

o arco-iris é azul

e é azul a chuva quando molha.

A minha casa está no mar

no fundo ben fundo azul

sem fronteiras a dividir coraçoes.

 

Aquí en baixo e tudo azul,

o meu lugar é azul,

em azul até dançam as areias.

Só se vé estrelas no mar,

num silencio tudo azul,

e mais as bolhas de ar que nos rodeiam.

 

Aquí en baixo e tudo azul,

a lua veste de azul,

anémonas sao nossas caricaturas.

E se a morte for azul

e dormir no fundo mar,

onde os sonos nos confiam as lembranças

 

Aquí en baixo e tudo azul,

o arco-íris é azul

e é azul a chuva quando molha

 

 

CRI CRI (Magín Blanco)

 

Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri-cri... eu falo así,

la-la-la-la, la-la-la-la, ti vas falar:

 

Je parle avec les yeux, tu parles avec le coeur.

----------------

Che piccolo è il mondo ma quanti visi ha.

yo hablo todo el día y hablo sin parar.

 

Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri-cri... eu falo así,

ié-ié-ié-ié, ié-ié-ié-ié, fale voçé:

 

Eu falo cos avós e falo coas crianças,

falo dos novos tempos e falo das lembranças,

movo a minha lingua para abaixo para acima,

teu sorriso é a minha vitamina.

 

Cri-cri-cri-cri, eu estou aquí e falo cri-cri-cri, cri-cri (bis)

 

Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri-cri... eu falo así,

uo-uo, uo-uo, uo-uo, fale o señor:

 

Jo parlo molt i bé i amb moltíssima gent.

I am speaking to the people I am looking for my way.

Eta telebista bezala, berriketan ari naiz.

Eljött a messzeségbõl az éneklõ madár.

 

Cri-cri-cri-cri, eu estou aquí e falo cri-cri-cri, cri-cri (bis)

 

Cri-cri-cri-cri, cri-cri-cri, cri-cri... eu falo así...

 

 

 

ERA FESTA (Magín Blanco)

 

Estaban a bailar un día un sapo e unha ra,

e todo o mundo ao redor quixo tamén bailar.

Bailaban os golfiños coas ondas do mar,

bailaban as muxicas ata se apagar.

O ritmo dos tambores non paraba de soar

e mil globos de cores ían bailar no ar.

Era festa, había tantas cousas que celebrar...

Era festa, ao día seguinte non había que madrugar.

(bis)

Bailaba dona Aurora co señor Ramón

e bailaba un veciño que nunca bailou.

Bailaban as ovellas e bailaban ven,

bailaban os coellos e as pitas tamén.

O ritmo dos tambores non paraba de soar

e mil fogos de cores ían estoupar no ar.

Era festa...

 

 

TEN O DEMO (Magín Blanco-Uxía Senlle)

 

Esta nena si que mola, esta nena é divertida,

bota lapas pola boca coma se fose saliva.

 

esta nena queima todo, imos ter algún problema,

bota fume polos ollos e cinza polas orellas.

 

Ten o demo, ten o demo,

ten o demo, ten... o demo (bis)

 

Lume, bota lume. (bis)

 

Esta nena está algo tola, e mira que é revirada,

dálle voltas a cachola, debe estar endemoñada.

Esta nena ten poderes, as cousas veñen e van,

vai a voltas polo aire o que estaba antes no chan.

 

Ten o demo...

 

Lume, bota lume. (bis)

 

 

VOU DO REVÉS (Magín Blanco)

 

Vou do revés, vou do revés,

onde estás que non te vexo?

Vou do revés, vou do revés,

cara a atrás coma o caranguexo.

 

Vou do revés, vou do revés,

vou do revés todo o día,

fago o que non hai que facer,

e iso eu non o facía.

 

Ti non te achegues a min,

poderíasme asustar;

eu tiña algo para ti,

pero xa non cho vou dar.

 

Vou do revés, vou do revés,

e choro por non sorrir.

Sempre ao contar, vou do revés,

vaime medrar o nariz.

 

Vou do revés, vou do revés,

seica como polos ollos;

escórrome coma augamar,

nado pero non me mollo.

 

ti non te achegues a min...

 

Vou do revés, vou do revés,

as veces é divertido,

mais desta vez xa me cansei:

vaime volver o sentido.

 

Ti non te achegues a min...

 

Vou-do-re-vés, do-re-vés-vou,

vou-do-re-vés, do-re-vés-vou.

Re-vés-vou-do, vés vou-do-re,

vou-do-re-vés, do-re-vés-vou.

 

 

 

ARCO DA VELLA (Magín Blanco)

 

Cando chova forte e semellen non ter fin

as neboiñas que roldan por aquí,

terás o meu abrigo, o meu corazón amigo

para ti.

 

Cando chova forte e se volva todo gris,

e nada quede xa por descubrir,

faremos unha ruta de Malpica ata Calcuta

para fuxir.

Irei na túa equipaxe,

serei a cor da túa paisaxe

e farei todo o camiño xunto a ti.

 

Non hai máis segredo,

hoxe o sol volve a estar ledo,

o arco da vella a piques de saír.

 

Os paxaros cantan, cando o ceo aclara,

nunca choveu que non escampara.

Seco ou mollado, estarei sempre o teu lado

para seguir.

 

Irei na túa equipaxe...

 

 

QUEN SON (Magín Blanco)

 

Quen son, quen son, quen son que xa non sei,

quen son, quen son, se serei ou non serei.

Quen son, quen son, quen son que xa non sei,

quen son, quen son, non sei se me atoparei.

 

Serei cebola ou serei allo,

ou só sereo un espantallo.

Serei abondo ou case nada,

serei un trasno ou unha fada.

Serei xirafa ou crocodilo,

serei xoaniña ou serei grilo.

Serei conxunto ou unidade,

serei enteira ou serei metade.

 

Quen son...

 

Serei debuxo ou pensamento,

irei por fóra, irei por dentro.

Estarei feita ou por facer,

non serei nada ou serei alguén.

Serei lúa chea ou media lúa,

serei estrada ou beirarrúa.

Serei do campo ou da cidade,

serei un becho ou todo bondade.

 

Quen son...

 

Serei cempés, serei chouteira,

serei de Foz ou de Cedeira.

Serei de folque ou rock and roll,

serei punteiro ou serei fol.

Serei pelota, serei balón,

serei zanfona ou saxofón.

Serei xoguete ou instrumento,

ou serei canto que vai no vento.

 

Quen son...

 

 

CAMIÑO DAS ESTRELAS (Magín Blanco)

 

Polo camiño das estrelas

ía camiñando un corazón;

canda el, un grilo e unha nena,

os tres cantando esta canción:

 

Imos subindo, imos baixando,

imos saíndo, imos chegando.

Imos subindo, imos baixando,

imos sorrindo, imos bailando.

 

Logo chegou un principiño, que ía na procura dun país

onde as cancións fosen apertas,

e todos cantaron así:

 

Imos subindo...

 

Imos, imos, imos, imos aló...

Imos, imos, imos chegando.

 

 

 

CREDITOS

 

 

Contraportada

 

 

CD