Magín Blanco - A nena e o grilo nun barquiño
(Libro+CD - Fol Música, 2013)
CANCIÓNS
01. DON RAMÓN
02. VOGA VOGA
03. TODOS SOMOS CAPITÁNS
04. A FORMIGA LÚA
5. MEU AMOR ESTOUPA
06. MARÍA E A POESÍA
07. HAPPY
08. O ROCANROL DRAGÓN
09. ADIVIÑA
10. TRIS TRAS TRES
11. NOMES, VERBOS E ADXECTIVOS
12. A NANA DA AVOA
13. SOÑAR
LETRAS
DON RAMÓN (Magín Blanco)
Don Ramón sentado no sillón
agardaba que saíse o sol,
como o sol aínda non chegara
díxolle ao galo que o chamara.
Kikirikí ki ki kikirikí,
tes que saír, tes que saír, tes que saír.
Kikirikí ki ki kikirikí,
vir ata aquí, vir ata aquí, vir ata aquí.
Don Ramón sentado no sillón
botaba unha cabezadiña,
soñaba que era un peixe moi grandón
que andaba a nadar pola mariña.
Gluglú gluglú guguruglú,
son un atún, son un atún, son un atún.
Gluglú gluglú guguruglú,
no mar azul, no mar azul, no mar azul.
Don Ramón non era estrafalario,
nin tampouco un ser extraordinario,
pero sí era moi necesario,
Don Ramón era bibliotecario.
Don Ramón sentado no sillón
viu pasar un gato con tres patas,
tanto chamou a súa atención
que lle puso comida nunha lata.
Miaumiau miaumiau miarramiamiau,
leite callado, leite callado, leite callado.
Miaumiau miaumiau miarramiamiau,
con bacallao, con bacallao, con bacallao.
Don Ramón sentado no sillón
tiña todo moi ordenadiño,
poesía e ciencia-ficción,
xeografía e mundo submariño.
Ai sí, ai sí, que sí que sí,
ti vas aquí, e ti aquí e ti aquí.
Pon pón, pon pon, poropopón,
pode que sí, pode que sí, pode que non.
Don Ramón sabía o abecedario,
e gardaba as flores nun herbario.
Coma un parrulo perdido nun acuario
deambulaba por aquel esceario.
Cuá cuá cuá cuá cuá cuaracacuá
Cuá cuá cuá cuá cuá cuaracacuá cuá...
Magín Blanco: guitarra e voz
Jorge Juncal: acordeón e percusión
Guille Fernández: baixo
VOGA VOGA (Magín Blanco)
Cunha monda de laranxa
imos facer un barquiño,
pra que poidas navegar
polo Sil e polo Miño.
Coa monda dunha mazá
imos facer unha vela,
unha vela azul e branca,
salpicada de canela.
Voga meu meniño,
voga, voga corazón,
voga, voga paxariño,
voga, voga chipirón.
Poñeremos catro noces
cun dedaliño de mel
e por se fixese frío,
a mantiña de papel.
Voga, voga meu meniño,
voga, voga corazón,
voga, voga paxariño,
voga, voga chipirón.
Coa tea de algunha araña
imos facer unha rede,
para que poidas pescar
cando o caldo xa non chegue.
Cando se faga de noite,
e se acendan as estrelas,
eu estareite mirando
dende o bico dunha delas.
Voga meu meniño,
voga, voga corazón,
voga, voga paxariño,
voga, voga chipirón.
Magín Blanco: guitarra e voz
Anxo Pintos: violín
Jorge Juncal: guitarra e programación
Guille Fernández: baixo
TODOS SOMOS CAPITÁNS (Magín Blanco)
Imos á procura dun soño,
faremos lúas de papel,
levamos a choiva nos ollos,
o mellor aínda está de ser.
Imos á procura dun soño,
tentarémolo conseguir,
a maxia está do noso lado
e levarémola xunto a ti.
Todos somos capitáns
compañeiros de lugar,
ti sorrís coma nós
porque somos coma vós.
Imos á procura dun soño,
por lonxe que pareza estar,
nadaremos cos golfiños
polas ondas do teu mar.
Imos á procura dun soño,
pecha os ollos e verás,
hai estrelas e camiños
que sempre nos guiarán.
Todos somos capitáns
compañeiros de lugar,
ti sorrís coma nós
porque somos coma vós...
Imos á procura dun soño,
faremos lúas de papel,
levamos a choiva nos ollos,
o mellor aínda está de ser.
Todos somos capitáns
compañeiros de lugar,
ti sorrís coma nós
porque somos coma vós...
Magín Blanco: Voz
María Faltri: coros
Jerry Noia: guitarras
Serginho Sales: piano
Segundo Grandío: baixo
Isaac Palacín: batería
Nenos cantores da capela madrigalista de Ourense
A FORMIGA LÚA (Magín Blanco)
A formiga Lúa durmía de día,
logo pola noite non lle apetecía.
Cousas e mais cousas de aquí para alá,
viñan de ningures, viñan sen parar.
Daba daba daba, daba a formiguiña,
daba daba daba na súa cabeciña,
daba daba daba, daba dabadá, e a lúa estaba a brillar.
O gato montés andaba perdido,
non sabía se aquelo tiña algún sentido,
se polo dereito, se polo revés,
se pola cabeza ou se polos pes.
Subía por baixo, baixaba por riba,
e non atopaba ningunha saída,
e sobe que sobe que te subirei,
sobe, ven aquí meu rei.
Calquera noite o sol pode brillar,
calquera noite o sol pode brillar.
O lobo feroz gardaba en segredo
que a carrapuchiña non lle tiña medo,
non lle tiña medo e ríase del,
o lobo da xente non era ninguén.
Amosaba os dentes, berráballe a lúa,
lume polos ollos, pelo coma pugas,
lobiño lobiño, eu quérote ben,
meu lobo de mar, meu ben.
Un dos tres porquiños caeu da bicicleta,
os outros dos caeran dunha patineta,
os tres no hospital coa patiña rota,
unha pandeireta e toca que toca.
E toca que toca que tocar xa sei,
e baila que baila que xa bailarei,
e roda que roda, roda de muíño,
roda polos tres porquiños.
Calquera noite o sol pode brillar,
calquera noite o sol pode brillar.
O peixe do río estaba esgotado,
levaba nadando case todo o ano,
quería ver o mar pero non podía,
ao mirar ao lonxe non lle aparecía.
E nada que nada, todo o que nadou,
nada para nada, a nada chegou,
nada por aquí, nada dacolá,
o mar... onde quedará?
O merlo dourado cantaba e cantaba,
subido a unha pola no medio das fabas,
cantáballe ó vento, cantáballe ó río,
cantaba lixeiro, cantaba acotío.
Si la sol fa mi la, la si do re mi,
si la sol fa mi la, o merlo cantaba así.
Calquera noite o sol pode brillar,
calquera noite o sol pode brillar...
Magín Blanco: Voz e coros
Jorge Juncal: piano e percusión
Guille Fernández: baixo
María Faltri: coros
Segundo Grandío: programación
Nenos cantores da capela madrigalista de Ourense
MEU AMOR ESTOUPA (Magín Blanco)
Meu amor é unha cor,
un xardín nunha flor,
unha abella vaino chuchar
e con el vai facer mel.
Meu amor non ten fin,
vai e vén de ti ata min,
está nos beizos e no nariz,
nos segredos e no que dis.
Meu amor estoupa por dentro da roupa...
Meu amor ten un sol
e unha casa de caracol,
paseniño vai ata ti
pra pousarse no teu sorrir.
Meu amor vestiuse xa
e saíu pasear,
leva luvas nas súas mans
e unha gorra de capitán.
Meu amor estoupa por dentro da roupa...
Magín Blanco: voz
María Faltri: voz e coros
Jerry Noia: guitarras
Serginho Sales: piano
Segundo Grandío: baixo
Isaac Palacín: batería
Nenos cantores da capela madrigalista de Ourense
MARÍA E A POESÍA (Magín Blanco)
Chu chu chururuchú chu chururuchú chu chu chu...
A nosa amiga María saíu buscar unha flor
atopòu unha leituga e por baixo un caracol
O caracol a miraba pensando que ela era o sol
alongábanselle os ollos e cantaba o reiseñor:
"Caracol caracoliño, non é o sol o que refulxe,
é a nosa amiga María, garda os teus ollos e fuxe"
Chu chu chururuchú chu chururuchú chu chu chu...
O caracol saíu correndo, mais case non se movía
e María preguntoulle se vira algunha poesía
O caracol dixo que non que diso non vira nada
que so saíra mirar se o sol xa se levantara
E cantaba o rei señor: "Pío pío pío pío,
caracol entra na casa que fóra vai moito frío"
Chu chu chururuchú chu chururuchú chu chu chu...
María seguiu buscando e atopuo rosas, caraveis, pensamentos,
descubríu que cada flor agochaba un sentimento
Sería o seu gran segredo, a ninguén llo amosaría,
as flores gardaban dentro o misterio da poesía.
E cantaba o reiseñor: "Caracol caracoliño,
ten coidado con esa flor que atoparás no camiño"
Chu chu chururuchú chu chururuchú chu chu chu...
Magín Blanco: voz e guitarra
María Faltri: voz
Jorge Juncal: piano, baixo e programación
Guille Fernández: guitarra
HAPPY (Magín Blanco)
The sun is yellow, the green is fun
the fun is pearl, pearl in the sun
The sky is blue, blue is real
the real thing is pretty and we need it
Feel everything,
see everywhere,
I'm so happy 'cause
after nine comes teen
The stone is hard, this day is clear,
the clear thing easy, for you and me
Feel everything,
see everywhere,
I'm so happy 'cause
after nine comes teen
The moon is far, the star of ice,
the magic dream is in your eyes
Feel everything,
see everywhere,
I'm so happy 'cause
after nine comes teen
Magín Blanco: voz e ukelele
María Faltri: voz
Jorge Juncal: acordeón e guitarra
Pablo Pérez: contrabaixo
O ROCANROL DRAGON (Magín Blanco)
Unha vez había un dragón no garaxe dun torreón
que quería ser unha estrela de rocanrol.
Enchufaba a súa guitarra, subía o volume do amplificador
e de toda aquela bisbarra era o terror.
Como queira que o noso amigo non miraba o televisor,
cada día ía descubrindo novas cancións.
Ensaiaba noite e día, preparaba a súa presentación,
pois quería ser un rocanrol dragón.
E cantaba o tutti frutti, o bamba buluba balambambú,
abaneando súas cadeiras o chu churú churuchuru chu.
E cantaba o tutti frutti, o honey honey, o baby blue
a así ían pasando os días co sugar sugar, baby i love you.
Cando chegou o día da estrea, a súa primeira grande actuación,
todo o mundo alí quería ver o dragón.
Pero as pernas lle tremían, saíanlle galos en lugar da voz,
e no aire respirouse a decepción.
Entón pechou moi forte os ollos e dixo "isto non pode ser",
e cantou o pleased to meet you, tamén o across the universe.
E cantou be bop a lula, do do run run run do do run run,
I can´t get no satisfation, black is black e forever young.
Aquelo foi un gran suceso, ninguén quería marchar de alí,
escoitouse berrar "Dragón, o rey es ti!"
Corearon "oé! oé! oé!", todos querían velo outra vez,
e entre aplausos tivo que voltar saír.
E cantou ó tutti frutti, o louie louie, o spanish bombs,
facía sos coa súa guitarra que cortaban a respiración.
E cantou o tutti frutti, o bamba buluba balambambú,
o miña terra galega, o tren que me leva chucu chucu chu...
Magín Blanco: voz
Dani Alonso: voz dragonciño
Serginho Sales: piano e órgano
Segundo Grandío: baixo
Roi Grandío: guitarra
Isaac Palacín: batería
ADIVIÑA (Magín Blanco)
Ten zapatos de algodón e chega sen facer ruído
non o vaias espertar, deixa que siga durmido.
Como o dente de león, esvaece cun soprido
as palabras que se van buscando o seu sentido
Shh... shh... xa está aquí
shh... shh... xa chegou
pero se fulamos del
shh... shh... rematou
É como a neve que cae se rabuñas as estrelas,
unha mensaxe que vai metida nunha botella.
Un barquiño de papel que marcha polo río
co pétalo dunha flor rumbo ao descoñecido
Shh... shh... xa está aquí
shh... shh... xa chegou
pero se fulamos del
shh... shh... rematou
Ninguén é quen de collelo, pero pódese escoitar
entre redondas de Sol , negras e brancas de Fa
Shh... shh... xa está aquí
shh... shh... xa chegou
pero se fulamos del
shh... shh... rematou
Magín Blanco: voz e guitarra
María Faltri: voz e pandeireta
Guille Fernández: guitarra
Jorge Juncal: acordeón e baixo
TRIS TRAS TRES (Magín Blanco)
Cuca o cuco, arrola a rola, bate o mar nas caracalas,
pia o pito, brama o reno e a bruxa levouna o demo,
rilla o coello, roe o rato, ladra o can, miaña o gato,
roxe o tigre e o león, zumba a avespa e o moscón
En Santiago daban croques
en San Roque palítroques
tris tras tres en San Andrés
vén o monstro come pés
Catro trevos, cinco fadas
seis diaños, sete saias
oito lúas, nove meses
e dez galos portugueses
Bee! bee! béalle a ovella a unha cabra nunha orella,
o lobo no seu penedo ouvea para meter medo,
a toupíña na toupeira andarase a preguntar
por que andarán berrando todo o día sen parar.
En Santiago daban croques
en San Roque palítroques
tris tras tres en San Andrés
vén o monstro come pés
Catro trevos, cinco fadas
seis diaños, sete saias
oito lúas, nove meses
e dez galos portugueses
Cuca o cuco, arrola a rola, bate o mar nas caracalas...
Magín Blanco: voz
María Faltri: voz
Clara Pino: arpa
NOMES, VERBOS E ADXECTIVOS (Magín Blanco)
Ei!, imos escribir un conto, vinde facelo comigo,
temos que atopar a rima, para rimarlle aos amigos.
Ei!, imos escribir un conto con vocais e consonantes,
suxetos, predicados e adxectivos rechamantes.
A montana era xígante, o pastor era pequeno,
as ovellas ruminantes e comían cogumelos.
0 sol estaba brillante, o ceo estaba baleiro,
as nubes eran diamantes naquel dia rebuleiro.
Imos escribir un conto onde anden os camiños,
onde rían as cereixas no bico dos paxariños,
onde canten as baleas, onde rematen as présas,
onde durman as estrelas ainda que estean acesas.
A montana era pequena, os pastores ruminantes,
as ovellas non comían os cogumelos xigantes.
O sol estaba baleiro, o ceo era brillante,
e as nubes rebulían naquel dia de diamante.
Imos escribir un conto máis alá da realidade,
de galaxias, de planetas, aldeas, vilas e cidades,
de viaxes polo tempo, de monstruos de sete mares,
de glaciares, dinosaurios e de círculos polares.
A montaña non comia, o pastor era xigante,
as ovellas pequerrechas, os cogumelos rumiantes,
o sol aínda rebulía naquel ceo de diamante,
as nubes xa se marcharan aquel día tan brillante
Contos, contos, contos e contos,
todo son contos, contos, contos e máis contos...
Magín Blanco: voz e guitarra
María Faltri: voz
Jorge Juncal: piano e programación
A NANA DA AVOA (Letra: Carmen Santos/Música: Dani Alonso)
Durme miña nena que estou agardando
que quedes durmida pra facer o caldo.
Durme miñia xoia, durme meu cariño
que cando espertes has ter aloumiños.
Agora que estás durmindo na lúa
podes contemplar a paz, a tenrura.
Durme xa meu ben que quero fregar
e cando espertes imos pasear.
Durme míña rula, xa se foi o coco,
que está aquí a avoa para velarche o soño.
Agora que estás durmindo na lúa
podes contemplar a paz, a tenrura.
Durme xa meu ben que quero fregar
e cando espertes imos pasear.
Magín Blanco: voz
Uxía: voz
Anxo Pintos: zanfona
Clara Pino: arpa
SOÑAR (Magín Blanco)
Soñar é coma voar,
coma espertar en ceos de algodón.
Soñar é coma viaxar,
coma imaxinar as rutas dos avións.
Os soños... pasaban en bícicleta
rodeados de bolboretas de xasmín.
Os soños... deixábannos no sorriso
feitizos e compromisos de Merlin.
Soñar é coma navegar
polas ondas dun mar entre violeta e azul.
Soñar é como arrolar,
como acariñar o reflexo dunha luz.
Os soños... pintaban nas beirarrúas
estrelas, peixes e lúas de carmín.
Os soños... pousaban a súa imaxe
nos rombos que van nos traxes de arlequín.
Os soños... pasaban en bícicleta
rodeados de bolboretas de xasmín.
Os soños... deixábannos no sorriso
feitizos e compromisos de Merlin.
Soñar... soñar... soñar...
que lindo e' soñar!...
Magín Blanco: voz
Luanda Cozetti: voz
Guille Fernández: guitarra
Isaac Palacín: batería
Segundo Grandío: baixo
Serginho Sales: piano
Produción executiva: Inma Grass e Nando Luaces
Produción musical: Magín Blanco
Ilustracións : Leandro Lamas / Luis Barbolla
Os contos, as letras e a música de todos os temas: Magín Blanco,
agás "A nana da avoa": letra da Sra. Carmen Santos de Celeiro e música de Dani Alonso.
Nenos Cantores da Capela Madrigalista de Ourense:
Dirixidos por Martiño Ramos e Cristina Rodriguez.
As cancións graváronse entre xuño e outubro do 2012
na Casiña de Moaña, na Cova dos Peixes en Compostela e en Casa de Tolos.
Arranxos: Jorge Juncal e Magín Blanco.
Mesturas e gravación: Guille Fernández e Segundo Grandío.
Masterización: Guille Fernández
2013 Fol Música
Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.