| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • Work with all your cloud files (Drive, Dropbox, and Slack and Gmail attachments) and documents (Google Docs, Sheets, and Notion) in one place. Try Dokkio (from the makers of PBworks) for free. Now available on the web, Mac, Windows, and as a Chrome extension!

View
 

Magín Blanco - A nena e o grilo nun barquiño

This version was saved 8 years, 10 months ago View current version     Page history
Saved by jose
on January 19, 2013 at 10:08:04 pm
 

 

Magín Blanco - O barquiño

(Libro+CD,  - 2013)

 

 

 

 

 

CANCIÓNS

 

01. DON RAMÓN

02. VOGA VOGA

03. TODOS SOMOS CAPITÁNS

04. A FORMIGA LÚA

5. MEU AMOR ESTOUPA 

06. MARÍA E A POESÍA

07. HAPPY

08. O ROCANROL DRAGON

09. ADIVIÑA

10. TRIS TRAS TRES

11. NOMES, VERBOS E ADXECTIVOS

12. A NANA DA AVOA

13. SOÑAR

 

 

LETRAS

 

 

DON RAMÓN (Magín Blanco) 

 

Don Ramón, sentado no sillón,

agardaba que saíra o sol,

como o sol aínda non chegara

díxolle ao galo que o chamara

 

Quiquiriquí qui qui quiquiriquí,

tes que saír, tes que saír, tes que saír.

Quiquiriquí qui qui quiquiriquí,

vir ata aquí, vir ata aquí, vir ata aquí.

 

Don Ramón, sentado no sillón,

botaba unha cabezadiña,

soñaba que era un peixe moi grandón,

que andaba a nadar pola mariña.

 

Gluglú glu glu glu,

son un atún, son un atún, son un atún.

Gluglú glu glu glu,

no mar azul, no mar azul, no mar azul.

 

Don Ramón non era estrafalario,

nin tampouco un ser extraordinario,

pero sí que era moi necesario,

Don Ramón era bibliotecario.

 

Don Ramón, sentado no sillón,

viu pasar un gato con tres patas,

tanto chamou súa atención

que lle puso comida nunha lata.

 

Miau miau, miarrá miau miau,

leite coallau,

Miau miau, miarrá miau miau,

con bacallau, con bacallau, con bacallau.

 

Don Ramón, sentado no sillón,

tiña todo moi ordenadiño,

poesía e ciencia ficción,

xeografía e mundo submariño.

 

Ai sí, ai sí que sí que sí,

ti vas aquí, e ti aquí e ti aquí.

Pon pon pon pon poropopón,

pode que sí, pode que sí, pode que non.

 

Don Ramón sabía o abecedario,

e gardaba flores nun herbario.

Coma un pato perdido nun acuario

deambulaba por aquel esceario.

 

Cua cua cua cua cua cuaracacuá

Cua cua cua cua cua cuaracacuá cua

Cua cua cua cua cua cuaracacuá

Cua cua cua cua cua cuaracacuá cua

Cua cua cua cua cua cuaracacuá,

Cua cua cua cua cua cuaracacuá, cua

Cua cua cua cua cua cuaracacuá

Cua cua cua cua cua cuaracacuá.

 

 

VOGA VOGA (Magín Blanco) 

 

Cunha monda de laranxa

imos facer un barquiño,

pra que poidas navegar

polo Sil e polo Miño.

 

Coa monda dunha mazá

imos facer unha vela,

unha vela azul e branca,

salpicada de canela.

 

Voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

Poñeremos catro noces,

e un dedaliño de mel,

e por se fixera frío,

a mantiña de papel.

 

Voga, voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

Con fíos de tea de araña

imos facer unha rede,

para que poidas pescar 

cando o caldo xa non chegue.

 

Cando se faga de noite,

e se acendan as estrelas,

eu estareite mirando

dende o bico dunha delas.

 

Voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

 

TODOS SOMOS CAPITÁNS (Magín Blanco)

 

Imos a procura dun soño

faceros lúas de papel,

levamos a choiva nos ollos,

o mellor aínda está de ser.

 

Imos a procura dun soño,

tentarémolo conseguir,

a maxia está do noso lado,

e levarémola xunto a ti.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos.

 

Imos a procura dun soño,

por lonxe que poida estar,

nadaremos cos golfiños

polas ondas do teu mar.

 

Imos a procura dun soño,

pecha os ollos e verás

que hai estrelas e camiños

que nunca rematarán.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos...

 

Imos a procura dun soño

faceros lúas de papel,

levamos a choiva nos ollos,

o mellor aínda está de ser.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos...

 

 

A FORMIGA LÚA (Magín Blanco)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.