| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • Work with all your cloud files (Drive, Dropbox, and Slack and Gmail attachments) and documents (Google Docs, Sheets, and Notion) in one place. Try Dokkio (from the makers of PBworks) for free. Now available on the web, Mac, Windows, and as a Chrome extension!

View
 

Magín Blanco - A nena e o grilo nun barquiño

This version was saved 8 years, 9 months ago View current version     Page history
Saved by jose
on March 6, 2013 at 5:27:37 pm
 

 

Magín Blanco - A nena e o grilo nun barquiño

(Libro+CD,  - 2013)

 

 

CANCIÓNS

 

01. DON RAMÓN

02. VOGA VOGA

03. TODOS SOMOS CAPITÁNS

04. A FORMIGA LÚA

5. MEU AMOR ESTOUPA 

06. MARÍA E A POESÍA

07. HAPPY

08. O ROCANROL DRAGÓN

09. ADIVIÑA

10. TRIS TRAS TRES

11. NOMES, VERBOS E ADXECTIVOS

12. A NANA DA AVOA

13. SOÑAR

 

 

LETRAS

 

DON RAMÓN (Magín Blanco) 

 

Don Ramón sentado no sillón

agardaba que saíse o sol,

como o sol aínda non chegara

díxolle ao galo que o chamara.

 

Kikirikí ki ki kikirikí,

tes que saír, tes que saír, tes que saír.

Kikirikí ki ki kikirikí,

vir ata aquí, vir ata aquí, vir ata aquí.

 

Don Ramón sentado no sillón

botaba unha cabezadiña,

soñaba que era un peixe moi grandón

que andaba a nadar pola mariña.

 

Gluglú gluglú guguruglú,

son un atún, son un atún, son un atún.

Gluglú gluglú guguruglú,

no mar azul, no mar azul, no mar azul.

 

Don Ramón non era estrafalario,

nin tampouco un ser extraordinario,

pero sí era moi necesario,

Don Ramón era bibliotecario.

 

Don Ramón sentado no sillón

viu pasar un gato con tres patas,

tanto chamou a súa atención

que lle puso comida nunha lata.

 

Miaumiau miaumiau miarramiamiau,

leite callado, leite callado, leite callado.

Miaumiau miaumiau miarramiamiau,

con bacallao, con bacallao, con bacallao.

 

Don Ramón sentado no sillón

tiña todo moi ordenadiño,

poesía e ciencia-ficción,

xeografía e mundo submariño.

 

Ai sí, ai sí, que sí que sí,

ti vas aquí, e ti aquí e ti aquí.

Pon pón, pon pon, poropopón,

pode que sí, pode que sí, pode que non.

 

Don Ramón sabía o abecedario,

e gardaba as flores nun herbario.

Coma un parrulo perdido nun acuario

deambulaba por aquel esceario.

 

Cuá cuá cuá cuá cuá cuaracacuá

Cuá cuá cuá cuá cuá cuaracacuá cuá...

 

Magín Blanco: guitarra e voz

Jorge Juncal: acordeón e percusión

Guille Fernández: baixo

 

 

VOGA VOGA (Magín Blanco) 

 

Cunha monda de laranxa

imos facer un barquiño,

pra que poidas navegar

polo Sil e polo Miño.

 

Coa monda dunha mazá

imos facer unha vela,

unha vela azul e branca,

salpicada de canela.

 

Voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

Poñeremos catro noces,

e un dedaliño de mel,

e por se fixera frío,

a mantiña de papel.

 

Voga, voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

Con fíos de tea de araña

imos facer unha rede,

para que poidas pescar 

cando o caldo xa non chegue.

 

Cando se faga de noite,

e se acendan as estrelas,

eu estareite mirando

dende o bico dunha delas.

 

Voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

 

TODOS SOMOS CAPITÁNS (Magín Blanco)

 

Imos a procura dun soño

faceros lúas de papel,

levamos a choiva nos ollos,

o mellor aínda está de ser.

 

Imos a procura dun soño,

tentarémolo conseguir,

a maxia está do noso lado,

e levarémola xunto a ti.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos.

 

Imos a procura dun soño,

por lonxe que poida estar,

nadaremos cos golfiños

polas ondas do teu mar.

 

Imos a procura dun soño,

pecha os ollos e verás

que hai estrelas e camiños

que nunca rematarán.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos...

 

Imos a procura dun soño

faceros lúas de papel,

levamos a choiva nos ollos,

o mellor aínda está de ser.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos...

 

 

A FORMIGA LÚA (Magín Blanco)

 

A formiga Lúa durmía de día,

logo pola noite non lle apetecía.

Cousas e mais cousas de aquí para alá,

viña de ningures, viña sin parar.

 

Daba, daba daba,

daba a formiguiña,

daba, daba, daba

na súa cabeciña,

daba, daba, daba,

dabadabadá

e a lúa estaba a brillar.

 

O gato montés andaba perdido,

non sabía se aquelo tiña algún sentido,

se polo dereito, se polo revés,

se pola cabeza ou se polos pes.

 

Subía por baixo, baixaba por riba,

e non atopaba ningúnha saída,

e sube que sobe que te subirei,

sube, ven aquí meu rei.

 

Calquera noite o sol pde brillar,

calquera noite o sol pode brillar.

 

O lobo feroz gardaba en segredo

que a carrapuchiña non lle tiña medo,

non lle tiña medo e ríase del,

o lobo da xente non era ninguén.

 

Amosába os dentes, berrávalle a lúa,

lume polos ollos...

lobiño lobiño, eu quérote ben,

meu lobo de mar, meu ben.

 

Un dos tres porquiños caeu da bicicleta,

os outros dos caíran de unha patineta,

os tres no hospital  coa patiña rota,

unha pandeireta e toca que toca.

 

E toca que toca que tocar xa sei,

e baila que baila que xa bailarei,

e roda que roda, roda de muiño,

roda polos tres porquiños.

 

Calquera noite o sol pode brillar,

calquera noite o sol pode brillar.

 

O peixe do río estaba esgotado,

levaba nadando case todo o ano,

quería ve lo mare pero non podía,

ao mirar ao lonxe non lle aparecía.

 

E nada que nada, todo o que nadou,

nada para nada, a nada chegou,

nada por aquí, nada dacolá,

o mar onde quedará.

 

O merlo dourado cantaba e cantaba,

subido a unha pola no medio das fabas,

cantáballe ó vento e cantáballe ó río,

cantaba lixeiro, cantaba a cotío.

 

Si la sol fa mi la, la si do re mi,

si la sol fa mi la, o merlo cantaba así.

 

Calquera noite o sol pode brillar,

calquera noite o sol pode brillar...

 

 

 

MEU AMOR ESTOUPA (Magín Blanco)

 

Meu amor e unha cor,

un xardín nunha flor,

unha abella vaino chuchar 

e con él vai facer mel.

 

Meu amor non ten fin,

vai e ven de ti ate min,

está nos beizos e no nariz,

no segredo e no que dis.

 

Meu amor estoupa por dentro da roupa...

 

Meu amor ten un sol

e unha casa de caracol,

paseniño vai ata ti

pra pousarse no teu sorrir.

 

Meu amor vestiuse xa,

quer sair pasear,

leva luvas nas súas mans

e unha gorra de capitán.

 

Meu amor estoupa por dentro da roupa...

 

 

MARÍA E A POESÍA (Magín Blanco)

 

Chu chu chururuchú chu chururuchú chu chu chu...

 

A nosa amiga María saíu buscar unha flor

atopòu unha leituga e por baixo un caracol

o caracol a miraba pensando que ela era o sol

alongábanselle os ollos e cantaba o rei señor:

"Caracol caracoliño, non e o sol o que refulxe,

e a nosa amiga María, garda os teus ollos e fuxe"

 

Chu chu chururuchú chu chururuchú chu chu chu...

 

O caracol saiu correndo mais case non se movía

e María preguntoulle se vira algunha poesía

o caracol dixo que non que diso non vira nada

que so saíra mirar se o sol xa se levantara

E cantaba o rei señor "Pío pío pío pío,

caracol entra na casa que fora vai moito frío"

 

Chu chu chururuchú chu chururuchú chu chu chu...

 

María seguiu buscando e atopuo rosas, carabeis, pensamentos,

descubríu que cada flor agochaba un sentimento,

sería seu gran segredo, a ninguén llo amosaría,

as flores gardaban dentro o misterio da poesía.

E cantaba o rei señor: "Caracol caracoliño,

ten coidado con esa flor que atoparás no camiño"

 

Chu chu chururuchú chu chururuchú chu chu chu...

 

 

HAPPY (Magín Blanco)

 

The sun is yellow

the green is fun

the fun is pearl

pearl in the sun

 

The sky is blue

blue is real

the real thing is pretty

..............................

 

 

O ROCANROL DRAGON (Magín Blanco)

 

Unha vez había un dragón no garaxe dun torreón

que quería ser unha estrela de rocanrol.

Enchufaba a súa guitarra, subía o volumen do amplificador

e de toda aquela bisbarra era o terror.

 

Como queira que o noso amigo non miraba o televisor,

cada día ía descubrindo novas cancións.

Ensaiaba noite e día, preparaba a sua presentación,

pois quería ser un rocanrol dragón.

 

E cantaba o tutifruti, o bambabuluba balambambú,

avaneando súas cadeiras o chuchurú churuchuruchú.

E cantaba o titufruti, o honey honey o baby blue

a así ían pasando os días, o sugar sugar, baby i love you.

 

Cando chegou o día da estrea, a súa primeira grande actuación,

todo o mundo alí quería ver o dragón.

Pero as pernas lle tremían, saianlle galos en lugar da voz,

e no aire respirouse a decepción.

 

Entón pechou moi forte os ollos e dixo "isto non pode ser",

e cantou o please to meet you, tamén o across the universe.

E cantou be bop a lula, dudu round round round dudu round round,

I can´'t get no satisfation, Black is black e Forever young.

 

Aquelo foi un gran suceso, ninguén quería marchar de alí,

escoitouse berrar "Dragón" ó rey sting

Corearon "oeoeoé", todos querían velo outra vez,

entre aplausos tivo que voltar sair.

 

E cantou ó tutti fruti, ó Louie Louie, ó Spanish bombs,

facía sos coa súa guitarra que cortaban a respiración.

E cantou ó Tuti fruti, ó Bambabuluba balambambú,

o Miña terra galega, o Tren que me leva Chucuchucuchú...

 

 

ADIVIÑA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.