Magín Blanco - Gatuxo
(Libro+CD - Fol Música, 2014)

CANCIÓNS
01. TAMBOR
02. DIN DON
03. VEN
04. LEITE CON MEL
5. DOCE
06. A RISA
07. GATUXO
08. CUCÚ
09. AUGA
10. A CULLER
11. XOGOS
12. MAXIA
13. A LÚA
14. TACATÁ
15. A CAIXA
16. ANEMONE DE MAR
LETRAS
1. TAMBOR (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Tambor... tambor...
Oio o latexo do teu son.
Tambor... tambor...
Meu corazón.
2. DIN DON (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Din dan din dan don
Son pequerrechiña e moi ben feitiña.
Estou moi contenta de saír de dentro,
de chegar aquí onde vives ti.
Dame o teu cariño, preciso aloumiños
Din dan din dan don, din dan din dan don
Esta casa é chula, atópome a gusto.
Tamén ten un berce onde durmo moito.
Todas as mañás veñen paxariños,
oio como cantan dende moi cediño.
Din dan din dan don, din dan din dan don
Todo é moi bonito, abro os olliños.
Vexo luz ao lonxe, cousas que se moven,
e sinto os teus brazos que me collen forte.
Viaxo neste mundo co teu pasaporte.
Xa estou aquí preto de ti...
xa estou aquí preto de ti...
Din dan din dan don... ... don
3. VEN (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Ven, toma o meu corazón,
fai con él unha canción,
logo vólvemo poñer onde estaba
Ven, e nun chisco de papel
píntame un vai e vén
onde me poida mexer.
Ven, tesme que coller
que me quero ver
nos teus ollos.
Ven, e co teu dedo tamén,
debuxa na miña pel,
as espiras de un anel que me envolva
Ven, colle o meu corazón,
fai con el unha canción,
logo vólvemo poñer.
Ven, tesme que coller
que me quero ver
nos teus ollos...
4. LEITE CON MEL (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Mama que mama na teta de mamá...
chucha que chucha, non paro de chuchar.
Chuchuchuuruchú, chuchuchurú.
Mama que mama e volta a comezar...
mentres mamá non para de cantar.
É... leite con mel.
E cando teño fame sei que teño que chorar...
Choro, choro, choro, choro, para que me colla mamá.
E cando teño fame sei que teño que chorar.
Choro, choro, choro, choro, para que me dea de mamar.
Chuchuchuuruchú, chuchuchuuruchú,
chuchuchuuruchú, chuchuuú.
Mama que mama na teta de mama
chucha que chucha, non paro de chuchar.
É... leite con mel
E cando teño fame sei que teño que chorar,
choro, choro, choro, choro, para que me colla mamá.
E cando teño fame sei que teño que chorar,
choro, choro, choro, choro, para que me de de mamar
Chuchuchuuruchú, chuchuchuuruchú,
chuchuchuuruchú, chuchuchurú.
Chuchuchuuruchú, chuchuchuuruchú,
chuchuchuuruchú, chuchuuú.
5. DOCE (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Doce... é a luz do teu ollar.
Doce... ten pedriñas de cristal.
Doces as ondas que fan as mans
do teu mar...
Doce, escoito no teu cantar...
Doce, sereas de escuma e sal.
Doce, túa voz ao arrolar
o meu mar...
Naninaniná naninaninana,
Naninaniná naninaniná.
Naninaniná naninaninana,
Naninaninaa...
6. A RISA (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Veume a risa, veume a risa...
Non sabía dela e veume a risa.
Veume a risa, veume a risa,
non sabía dela e veume a risa.
Agora xa sei como é... hahahahá hehehehé.
Agora xa sei como vai, agora sei como se fai.
Veume a risa, veume a risa,
non sabía dela e veume a risa.
Veume a risa, veume a risa,
non sabía dela e veume a risa.
Agora xa sei como é e xa non o vou esquecer...
Agora xa sei onde está, hehehehé hahahahá.
A risa faime máis feliz, a risa achégame ata ti,
e tingue todo da súa cor, hihihihí hohohohó.
Veume a risa, veume a risa,
non sabía dela e veume a risa.
Veume a risa, veume a risa,
non sabía dela e veume a risa.
Agora xa sei como é, hahahahá hehehehé,
Agora xa sei como vai, agora sei como se fai.
A risa faime mais feliz, a risa achégame ata ti,
e tingue todo da súa cor, hihihihí hohohohó
Veume a risa, veume a risa,
non sabía dela e veume a risa.
Veume a risa, veume a risa,
non sabía dela e veume a risa...
7. GATUXO (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Non son gato nin son can, pero sei como eles fan.
Andas coas catro patas camiñando polo chan.
Na punta do pé... vou da túa man,
na punta do pé... de aquí para alá,
Gatuxo... uhuhuhuhuhuhuh
Xa perdín os calcetíns, agora quero ser gato...
Levo almofadas nas mans coma se fosen zapatos
Na punta do pé... e vira que vira,
se chego a caer... teño sete vidas.
Gatuxo... uhuhuhuhuhuhuh
8. CUCÚ (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Papá, mamá, nené, pipí, popó, gugú, cucú...
Cariña de rosa, flor de caravel,
cando así me chames, eu responderei...
9. AUGA (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Vento sopra, auga molla.
Lúa brilla, nube voa.
Boca beixa, ollo mira.
Man achega, pé camiña.
Uhuh, uhuh, uhuhuh...
10. A CULLER (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Como moi contenta, como para medrar.
Meto para dentro o que fora está.
Unha para min, outra para ti...
Unha máis para papá.
Papa para min, papa para mamá...
Papa para papá.
Vén nunha culler o que teño que comer
Semella un avión, vén cunha canción.
Unha para min, outra para ti...
Unha máis para papá.
Papa para min, papa para mamá...
Papa para papá.
Ahah, ahah. ahahah...
11. XOGOS (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Manuel xoga coa Sariña, André e Candela tamén,
João fala con Mariña, Inés mira pasar o tren.
A luz vén cunha canción
nun raio de sol a xogar con nós.
Xoel xoga con Mateo, Pancholas mira cara ao ceo,
Icía, Tiago, Gaila e Noa debuxan e saltan a mariola.
Raquel píntalle un ollo a Lúa, Noé bate no tambor,
Senén quere saír a rúa e vai montado no tractor...
A luz ven cunha canción
nun raio de sol a xogar con nós.
João, Manuel, Icía e Noa,
Mateo e Cristina, Gaila e Senén.
Xoel, André, Mariña e Lúa,
Roque, Aldara, Tiago e Raquel.
A xogar con nós... nun raio de sol.
12. MAXIA (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Aquela mañá, espertei axiña
había algo raro naquela boquiña.
Quería mordelo todo, babexaba sen parar,
para min era algo novo o que me estaba a pasar.
Cando chegou mamá choraba desconsolado,
amoseille a boca con moito coidado.
Ela púxose a berrar e chamou a toda a xente...
Non paraba de dicir: "xa ten un dente"!
Qué o que terá o cariño de mamá? ahahah...
Entón sacoume do berce e colleume no colo,
abaneándome amodiño cantoume un arrolo.
Aquel vai e vén era tan agarimoso,
sóubome tan ben, que deixei de estar medroso.
Que é o que terá o cariño de mamá? ahahah...
Volven as ovelliñas... unha, dúas e tres.
Saltan pola cortiña... catro, cinco, seis.
Maxia... os arrolos de mamá...
Maxia... veñen e van...
13. A LÚA (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Xa me poñen o pixama, xa comeza a función,
vou contento para a cama, cántame outra canción.
Pódesme contar un conto, que atento o escoitarei
e se me fas carantoñas seguro que reirei.
Xa xoguei ao cabaliño e trotei ata cansar,
no parque cos amiguiños, tamén fomos pasear.
Mergulleime na bañeira como se fose no mar
e xogando cos parrulos farteime de chapuzar.
Cando a lúa brilla prenden as estreliñas,
cando a lúa brilla é cando se iluminan.
Van pechándose os olliños e ti aínda estás aquí...
que ben que nunca me deixes aínda que haxa que durmir!
Se contamos ovelliñas e me das outro aloumiño,
antes de ficar durmido agardarei un pouquiño.
Cando a lúa brilla prenden as estreliñas,
cando a lúa brilla é cando se iluminan.
Andan as ovelliñas na almofada a saltar,
levan moreas de cores nos seus abrigos de lá,
eu tamén salto con elas para ver ata onde van.
Logo péchanse os olliños e déixome levar...
14. TACATÁ (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Tacatá, tacatá, tacatá, tacatá
Tacatacataca tacatacatacatá
Ando pola casa aprendendo a camiñar,
xa lle collín o ritmo a este tacatacatá,
xa naide me pode parar.
Tacatacataca tacatacatacatá
Andan os zapatos a toda velocidade,
choco coas cadeiras, tamén choco co sofá.
A casa é a miña cidade.
Movemento, desprazamento...
Zona de movilidade.
Vou contento polo vento,
psicomotricidade...
15. A CAIXA (Magín Blanco, María Faltri, Jorge Juncal)
Popopó, popopororo, popopó, popopororo,
popopó, popopororó...
Eh, eiah, eiah, eiah...
Unha caixa é unha casa,
unha casa que fai maxia
e que nos convida a xogar.
Nós vivimos nunha caixa
percorrendo as distancias
que hai entre a lúa e o mar.
Popopó, popopororo, popopó, popopororo,
popopó, popopororó...
16. ANEMONE DE MAR (Pierrot Rougier, Marina Oural, Ugía Pedreira)
Anemone de mar, déixate levar...
Olla, olla a lúa...
Son a lúa que vixía o mar, move toda a auga,
son a lúa que te fai medrar debaixo da manta...
Anemone de mar, déixate levar...
Olla, olla a lúa...
Créditos:
Magín Blanco: guitarra e voz
María Faltri: voz
Jorge Juncal: teclado acordeón e ukelele
Faltriqueira: voces en Doce, Tacatá e A caixa
Uxía: coros en Auga
Paco Juncal: viola e violíns en A lúa e A culler
Roi Adrio: percusión
Chus Dominguez: voz en Auga
Segundo Grandío: baixo
Manuel e Rui: voces en off
Produción musical e arranxos: Jorge Juncal e Magín Blanco.
Mesturas e masterización: Casa de Tolos e Segundo Grandío.
Letras e músicas de todos os temas: Magín Blanco, María Faltri e Jorge Juncal, agás en Anemone de mar (música, gravación e produción de Pierrot Rougier e letra de Pierrot Rougier, Marina Oural e Ugía Pedreira).
Ilustracións: Erica Maradona
Primeira edición: Outubro 2014 (Fol Música)

Comments (0)
You don't have permission to comment on this page.