| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Canta o cuco - Uxía e Magín na casa de Manuel María

This version was saved 8 years, 1 month ago View current version     Page history
Saved by jose
on February 21, 2016 at 9:45:40 pm
 

 

Uxía e Magín (na casa de Manuel María) - Canta o cuco

(Libro+CD - Sonárbore, Galaxia 2015)

 

 

Créditos - letra: en proceso

CANCIÓNS

 

01. O RÍO - O MAR

02. POEMIÑA PARA NAMORAR UNHA ROSA

03. A VACA

04. O LAR

 05. O MEU CUARTO - TEATRO DE GUIÑOL

06. A RODA-RODA

07. TRABALLOS DE TODO O ANO

08. O CARRO

09. A CIDADE

10. O CUCO

11. AMO ESTA TERRA

12.TODO ME FALA DE TI

13.DORNA

14.PANXOLIÑA DA NEVE

15.GALIZA (Recitado)

 

 

LETRAS

 

01. O RÍO - O MAR

 

O río pasa correndo,
non se para con ninguén.
O río canta prás cousas
e canta pra min tamén.
¡O río canta prás albres

paxareiras da ribeira!
¡O río canta prós prados

e prás nubes viaxeiras!

Ti nunca viches o mar
cos seus berros bruadores,
coas súas escumas de prata,
cos barcos e pescadores.
-¿Ti nunca viches o mar
a tecer e destecer
ondas azuis que van
á praia branca a morrer?

Non lle preguntes ó río
ónde vai, de ónde ven.
¡O río pasa correndo!

¡O río non se entretén!

O río pasa correndo,

nunca deixa de pasar.

¡Vai dicindo a súa canción

e non se pode parar!

-¿E ti non sabes que o mar
é unha inmensa longura,
auga e ceo, ceo e auga,
maxestade e fermosura?
-¿Ti nunca viches o mar?
¿E sabes que non repousa?
-¡Se nunca viches o mar
non viches ningunha cousa!

O río... O mar...

 

A todos dí o seu cantar

con escuro e claro son.

¡A todos di o seu cantar

anque llo escoiten ou non!

(Os soños na gaiola, 1968)

 

02. POEMIÑA PARA NAMORAR UNHA ROSA

 

A rosa rosiña está na roseira
moi coloradiña, feliz e riseira.
A rosa rosiña de tanto lucir
a mesma alborada a pode ferir.
A rosa rosiña está no rosal:
¿Ti queres ser miña, rosiña lanzal?
A rosa rosada de tenro mencer,
¡É tan delicada que pode morrer!
 
Pra rosa rosiña fachenda de Maio
¡incluso é espiña a flor dun salaio!
A rosa rosada xa é miña amiga:
¡quedou namorada con esta cantiga!

(As rúas do vento ceibe, 1979)

 

 

03. A VACA

 

A señora Vaca traballa sen tasa,
mantén a súa cría, dá leite prá casa.
A señora Vaca non dá descansado,
tira polo carro e arrastra o arado.
A señora Vaca ten a cor teixa
sófreche en silencio pero non se queixa.
A señora Vaca vai do monte ó prado
e do prado ó curro con ar resignado.

A señora Vaca non dá descansado,
traballa sen tasa, vai do monte ó prado.
 
A señora Vaca é humilde e mansa:
¡non sei que misterio na súa ollada cansa!
¡Non sei que misterio ten nos ollos quedos
que semellan feitos de noites e medos!
A señora Vaca traballa sen tasa,
mantén a súa cría, dá leite prá casa.
A señora Vaca non dá descansado,
tira polo carro e arrastra o arado.

A señora Vaca non dá descansado,
traballa sen tasa, vai do monte ó prado.

 

¡Non sei que misterio ten nos ollos quedos
que semellan feitos de noites e medos!

(Os soños na gaiola, 1968)

 

 

04. O LAR

 

Vivimos nun bloque enorme
ocupando o cuarto andar.
Neste edificio disforme
nós temos o noso lar.

Xanelas cuadriculadas
sen horizonte ou paisaxe.
No portal elevadores
e no sótano o garaxe.

Desde as xanelas eu vexo,
con certo medo e receo,
antenas de televexo
e as nubes que están no ceo.

Non temos porcos nin vacas,
nin lareira, pozo e aira.
Non temos hórreo, nin horta,
nin cerdeira, nin mazaira.

Mais temos aspiradora,
xiradiscos, fregadeira,
televexo, batidora
e unha estupenda neveira.

Eu teño unha habitación
toda chea de briquedos:
¡é cómo un reino fadado
onde gardo os meus segredos!

O lar, meu lar, o lar, o noso lar...

(As rúas do vento ceibe, 1979)

 

 05. O MEU CUARTO - TEATRO DE GUIÑOL

 

Eu teño na miña casa

un cuarto só para min,

nel gardo soños sen tasa

e fantasía sen fin.

 

E teño unha cachiporra

¡que mete uns estacazos

tan feroces e potentes

que semellan canonazos!

 

O meu teatro é un mundo.

Os personaxes que invento

¡teñen vida, fantasía

e doulles coñecemento...!

 

Eu represento comedias,

dramiñas, dramas, dramós

¡cos meus bonecos que rin,

cos meus bonecos chorós...!

(As rúas do vento ceibe, 1979)

 

 

06. A RODA-RODA

 

Están en corro as meniñas
formando unha roda-roda.
E cantan esta canción
que nunca pasa de moda.

Están no corro as meniñas,
roda que te rodarás.
Están no corro as meniñas
cantando o mesmo compás:

Polo fondo do mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
cunhas alas de latón.

Están no corro as meniñas,
roda que te rodarás.
Están no corro as meniñas
cantando o mesmo compás:

Polo fondo do mar,
matarilerile;
polo fondo do mar,
matarilerón
vai voando unha sardiña
e nadando un avión.

A tarde xa vai caendo.
E as nenas xa se cansaron.
As súas voces algareiras
como os páxaros voaron.

 

Están en corro as meniñas
formando unha roda-roda.
E cantan esta canción
que nunca pasa de moda.

 

Polo fondo do mar

(Os soños na gaiola, 1968)

 

 

07. TRABALLOS DE TODO O ANO

 

Eu traballo todo o ano,

traballo no campo todo o ano...

A espenda e a democa en febreiro,

bótanse as patacas en marzo raioleiro,

seméntase tamén trigo marzeiro.

 

Bótase o millo da xente por abril

cando o cuco saiu do seu cubil,

en maio longo estará sachado il

Polos días grandes de San Xoan

cóllese a nabiña, o lume novo fan,

mézclanse as fouziñas pra segar o pan.

 

No mes da sega o sol pica moi duro,

o segar o pan o trigo está maduro.

Mes de moito traballo e moito apuro.

Estamos no agosto, a malla e a gadaña

que quere pouca forza e moita maña

hai que botar os nabos se barbaña.

 

O de setembro e mes de San Miguel,

apaña as patacas, non hai mes coma él.

E tempo de ver se os trobos teñen mel.

No outono hai que ir ó San Froilán,

mozos, homes, vellas, nenas todas van

e voltan de presa pra tomar o pan.

 

Por San Martiño ¡ollo! porcos cebados,

os magostos, os capós arrombados,

e abrir regos e lameiros e prados.

O tempo de nadal e frío e ventureiro,

Noite Boa se hai leña nongueiro.

Chegarán os reises a entrada de xaneiro.

 

Eu traballo todo o ano,

traballo no campo todo o ano....

 

 

08. O CARRO

 

Teño un carriño cantor,
teño un carro cantareiro
con fungueiros afiados
e con eixo de amieiro!

O meu carro canta ben,
non pode cantar mellor.
Meu carriño cantareiro,
meu carriño cantador!

O meu carro canta, canta;
nunca cansa de cantar.
De día cántalle ao sol;
de noite canta ao luar!

O meu carriño cantor:
cantas agora e despois.
Con que fachenda te leva
a parelliña de bois...!

Teño un carriño cantor,
teño un carro cantareiro
con fungueiros afiados
e con eixo de amieiro!

O meu carro canta, canta;
nunca cansa de cantar.
De día cántalle ao sol;
de noite canta ao luar!

 

 

09. A CIDADE

 

 

10. O CUCO

 

 

11. AMO ESTA TERRA

 

 

12.TODO ME FALA DE TI

 

 

13.DORNA

 

Non hai dorna como a miña
tan xentil e tan lixeira.
Miña dorna ben feitiña!
Miña dorna mariñeira!
Miña dorna mariñeira!
Miña dorna ben feitiña!
Tan xentil e tan lixeira,
non hai dorna como a miña.

Miña dorna destemida
non lle tremes ó trebón.
Qué valente! Qué portento!
Què potente embarcación!

Miña dorna sempre avante
atravesas todo o mare.
Qué fermosa! Qué elegante!
Qué ben sabes navegare!
Qué ben sabes navegare!
Qué fermosa! Qué elegante!
Atravesas todo o mare,
miña dorna sempre avante.

Eres leve como o vento
E compites con baixeles.
Qué alegría! Qué portento!
Subes, baixas, fas ronseles...!

Non hai dorna como a miña
tan xentil e tan lixeira.
Miña dorna ben feitiña!
Miña dorna mariñeira!
Miña dorna mariñeira!
Miña dorna ben feitiña!
Tan xentil e tan lixeira,
non hai dorna como a miña.

Miña dorna que dialogas
con estrelas máis remotas:
Cómo corres! Cómo bogas!
Cómo vences as gaivotas.
Miña dorna sempre avante
atravesas todo o mare.
Qué fermosa! Qué elegante!
Qué ben sabes navegare!

 

 

14.PANXOLIÑA DA NEVE

 

 

 

15. GALIZA

Galiza docemente
está ollando o mar:
¡ten vales e montañas
e terras para labrar!
Ten portos, mariñeiros,
cidades e labregos
¡cargados de traballos,
cargados de trafegos!
Galiza é unha nai
velliña, soñadora.
¡Na voz da gaita rise,
na voz da gaita chora!
Galiza é o que vemos:
a terra, o mar, o vento...
¡Pro hai outra Galiza
que vai no sentimento!
Galiza somos nós:
a xente e mais a fala
¡Se buscas a Galiza
en ti tes que atopala!

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.