| 
  • If you are citizen of an European Union member nation, you may not use this service unless you are at least 16 years old.

  • You already know Dokkio is an AI-powered assistant to organize & manage your digital files & messages. Very soon, Dokkio will support Outlook as well as One Drive. Check it out today!

View
 

Magín Blanco - A nena e o grilo nun barquiño

This version was saved 11 years, 2 months ago View current version     Page history
Saved by jose
on January 19, 2013 at 10:31:42 pm
 

 

Magín Blanco - O barquiño

(Libro+CD,  - 2013)

 

 

 

 

 

CANCIÓNS

 

01. DON RAMÓN

02. VOGA VOGA

03. TODOS SOMOS CAPITÁNS

04. A FORMIGA LÚA

5. MEU AMOR ESTOUPA 

06. MARÍA E A POESÍA

07. HAPPY

08. O ROCANROL DRAGON

09. ADIVIÑA

10. TRIS TRAS TRES

11. NOMES, VERBOS E ADXECTIVOS

12. A NANA DA AVOA

13. SOÑAR

 

 

LETRAS

 

 

DON RAMÓN (Magín Blanco) 

 

Don Ramón, sentado no sillón,

agardaba que saíra o sol,

como o sol aínda non chegara

díxolle ao galo que o chamara

 

Quiquiriquí qui qui quiquiriquí,

tes que saír, tes que saír, tes que saír.

Quiquiriquí qui qui quiquiriquí,

vir ata aquí, vir ata aquí, vir ata aquí.

 

Don Ramón, sentado no sillón,

botaba unha cabezadiña,

soñaba que era un peixe moi grandón,

que andaba a nadar pola mariña.

 

Gluglú glu glu glu,

son un atún, son un atún, son un atún.

Gluglú glu glu glu,

no mar azul, no mar azul, no mar azul.

 

Don Ramón non era estrafalario,

nin tampouco un ser extraordinario,

pero sí que era moi necesario,

Don Ramón era bibliotecario.

 

Don Ramón, sentado no sillón,

viu pasar un gato con tres patas,

tanto chamou súa atención

que lle puso comida nunha lata.

 

Miau miau, miarrá miau miau,

leite coallau,

Miau miau, miarrá miau miau,

con bacallau, con bacallau, con bacallau.

 

Don Ramón, sentado no sillón,

tiña todo moi ordenadiño,

poesía e ciencia ficción,

xeografía e mundo submariño.

 

Ai sí, ai sí que sí que sí,

ti vas aquí, e ti aquí e ti aquí.

Pon pon pon pon poropopón,

pode que sí, pode que sí, pode que non.

 

Don Ramón sabía o abecedario,

e gardaba flores nun herbario.

Coma un pato perdido nun acuario

deambulaba por aquel esceario.

 

Cua cua cua cua cua cuaracacuá

Cua cua cua cua cua cuaracacuá cua

Cua cua cua cua cua cuaracacuá

Cua cua cua cua cua cuaracacuá cua

Cua cua cua cua cua cuaracacuá,

Cua cua cua cua cua cuaracacuá, cua

Cua cua cua cua cua cuaracacuá

Cua cua cua cua cua cuaracacuá.

 

 

VOGA VOGA (Magín Blanco) 

 

Cunha monda de laranxa

imos facer un barquiño,

pra que poidas navegar

polo Sil e polo Miño.

 

Coa monda dunha mazá

imos facer unha vela,

unha vela azul e branca,

salpicada de canela.

 

Voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

Poñeremos catro noces,

e un dedaliño de mel,

e por se fixera frío,

a mantiña de papel.

 

Voga, voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

Con fíos de tea de araña

imos facer unha rede,

para que poidas pescar 

cando o caldo xa non chegue.

 

Cando se faga de noite,

e se acendan as estrelas,

eu estareite mirando

dende o bico dunha delas.

 

Voga meu neniño,

voga, voga corazón,

voga, voga paxariño,

voga, voga chipirón.

 

 

TODOS SOMOS CAPITÁNS (Magín Blanco)

 

Imos a procura dun soño

faceros lúas de papel,

levamos a choiva nos ollos,

o mellor aínda está de ser.

 

Imos a procura dun soño,

tentarémolo conseguir,

a maxia está do noso lado,

e levarémola xunto a ti.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos.

 

Imos a procura dun soño,

por lonxe que poida estar,

nadaremos cos golfiños

polas ondas do teu mar.

 

Imos a procura dun soño,

pecha os ollos e verás

que hai estrelas e camiños

que nunca rematarán.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos...

 

Imos a procura dun soño

faceros lúas de papel,

levamos a choiva nos ollos,

o mellor aínda está de ser.

 

Todos somos capitáns

compañeiros de lugar,

ti soríes coma nos

porque somos coma vos...

 

 

A FORMIGA LÚA (Magín Blanco)

 

A formiga Lúa durmía de día,

logo pola noite non lle apetecía.

Cousas e mais cousas de aquí para alá,

viña de ningures, viña sin parar.

 

Daba, daba daba,

daba a formiguiña,

daba, daba, daba

na súa cabeciña,

daba, daba, daba,

dabadabadá

e a lúa estaba a brillar.

 

O gato montés andaba perdido,

non sabía se aquelo tiña algún sentido,

se polo dereito, se polo revés,

se pola cabeza ou se polos pes.

 

Subía por baixo, baixaba por riba,

e non atopaba ningúnha saída,

e sube que sobe que te subirei,

sube, ven aquí meu rei.

 

Calquera noite o sol pde brillar,

calquera noite o sol pode brillar.

 

O lobo feroz gardaba en segredo

que a carrapuchiña non lle tiña medo,

non lle tiña medo e ríase del,

o lobo da xente non era ninguén.

 

Amosába os dentes, berrávalle a lúa,

lume polos ollos...

lobiño lobiño, eu quérote ben,

meu lobo de mar, meu ben.

 

Un dos tres porquiños caeu da bicicleta,

os outros dos caíran de unha patineta,

os tres no hospital  coa patiña rota,

unha pandeireta e toca que toca.

 

E toca que toca que tocar xa sei,

e baila que baila que xa bailarei,

e roda que roda, roda de muiño,

roda polos tres porquiños.

 

Calquera noite o sol pode brillar,

calquera noite o sol pode brillar.

 

O peixe do río estaba esgotado,

levaba nadando case todo o ano,

quería ve lo mare pero non podía,

ao mirar ao lonxe non lle aparecía.

 

E nada que nada, todo o que nadou,

nada para nada, a nada chegou,

nada por aquí, nada dacolá,

o mar onde quedará.

 

O merlo dourado cantaba e cantaba,

subido a unha pola no medio das fabas,

cantáballe ó vento e cantáballe ó río,

cantaba lixeiro, cantaba a cotío.

 

Si la sol fa mi la, la si do re mi,

si la sol fa mi la, o merlo cantaba así.

 

Calquera noite o sol pode brillar,

calquera noite o sol pode brillar...

 

 

MEU AMOR ESTOUPA (Magín Blanco)

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Comments (0)

You don't have permission to comment on this page.